Quick contact info

Lorem ipsum dolor sit, consectetur iscing sed diam nonummy nibh euismo Lorem ipsum dolor sit, consectetur

Monday-Friday: 9am to 5pm; Satuday: 10ap to 2pm
7300-7398 Colonial Rd, Brooklyn, NY 11209, USA

Convenio e novos obradoiros

Estamos no medio doutra semana con moita actividade preparatoria: a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia asinou o convenio coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia para seguirmos coas nosas formacións e proxectos de promoción do turismo cultural na nosa terra.

Esta mañá tivo lugar o Obradoiro do Guía (8): Aprendendo a afrontar a hostilidade. Coñecemos técnicas para controlar as situacións de tensión e enfrontamento que algún cliente poida provocar no noso traballo. Tina Otero, profesora do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, deunos exemplos concretos de situacións que podemos ter que afrontar nalgún momento, no exercicio da nosa profesión.

O vindeiro venres 19 o Obradoiro do Guía (9) estará adicado á Viticultura na súa relación co turismo, coa participación de Manuel Ruzo (Guía de Turismo e xerente de Artnatura) e Luis Paadín, grande experto e divulgador do viño.

Todas as nosas formacións, pasadas e futuras, pódense consultar neste enlace.

Related Posts

Leave a reply

Latest Posts

Follow Us:

Who We Are:

Lorem ipsum dolor sit amet eros, conse ctetuer adipiscing elit, sed diami nonum nibhie vixtu eget.

Follow Us: